Cargando resultados...
Iago Barreto: "A néboa obríganos a parar o campionato"
Iago Barreto: "A néboa obríganos a parar o campionato"
A competición tivo que suspenderse esta tarde en Pantín polas condicións meteorolóxicas
G24.gal
16/07/2022 19:48
Última actualización 16/07/2022 19:57
A néboa foi a gran protagonista da xornada sabatina na proba mundial da Pantín Classic. Sobre as seis comezou a tinguir de gris o ceo de Ferrolterra e obrigou a paralizar ata o domingo as diferentes finais previstas. Así llo confirmaba á Radio Galega un dos organizadores, Iago Barreto
"Ao final a néboa paralizou o campionato. Estivemos agardando a que levantase, pero cando o fixo só nos deu tempo a realizar as semifinais masculinas e quedarán para mañá as femininas e as finais. Pola mañá o mar estaba lanzado, pero coa néboa comezou a desinflar. As previsións para mañá é que non haxa tanta, despexará e agardamos que saia todo ben"