Publicador de contidos
Publicador de contidos

Teresa Bomvalot e Adur Amatriain triunfan na Pantín Classic

Teresa Bomvalot e Adur Amatriain triunfan na Pantín Classic

O Galicia en Goles estivo na praia valdoviñesa para conversar cos protagonistas da cita mundial surfeira

G24.gal 17/07/2022 21:16

O sábado  foi a neboa  e o domingo a ausencia de grandes ondas. As condicións externas influíron na proba internacional de surf desputada na praia de Pantín. Finalmente puideron celebrarse as finais nas que foi necesaria a técnica para acadar boas puntuacións.

Na categoría feminina venceu a lusa Teresa Bomvalot á británica Alys Burton. Pola súa banda nos homes houbo choque español con vitoria de Adur Amatriain fronte a Kai Odriozola.

Cos catro, xunto a un dos fundadores da competición, Vicente Irisarri, conversou a Radio Galega na súa sección de Galicia en Xogo

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade