Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ángel Escribano, elixido novo presidente de Indra en substitución de Murtra

Ángel Escribano, elixido novo presidente de Indra en substitución de Murtra

O nomeamento chega menos de 24 horas despois da confirmación de que Marc Mutra deixaba Indra para substituir a José María Álvarez-Pallete como presidente de Telefónica

Eduardo Parra-Europa Press-Arquivo Eduardo Parra-Europa Press-Arquivo
G24.gal 19/01/2025 20:34

O Consello de Indra nomeou o ata o de agora conselleiro delegado de Escribano Mechanical & Engineering, Ángel Escribano, novo presidente da compañía para substituír a Marc Murtra, segundo notificou Indra este domingo nun comunicado á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

A reunión do Consello de Indra produciuse este domingo, menos de 24 horas despois da confirmación de que Marc Mutra tomará a substitución de José María Álvarez-Pallete como presidente de Telefónica, un movemento auspiciado polo Goberno a través da Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), que posúe un 10 % da teleco española.

Na sesión extraordinaria do Consello de Administración de Indra, Marc Murtra presentou formalmente a súa dimisión como conselleiro e Presidente Executivo da Sociedade e Presidente da Comisión Delegada Executiva e da Comisión de Estratexia de Indra, tras ser nomeado este sábado conselleiro e presidente executivo de Telefónica, S.A.

O Consello de Administración agradeceu a dedicación e labor de Murtra, "valorando moi positivamente a súa contribución como Presidente para impulsar e materializar unha transformación moi relevante do Grupo Indra e un proxecto empresarial sólido para os próximos anos", recolle o comunicado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade