Ángela Rodríguez pide desculpas, pero di que o vídeo está "descontextualizado"
Ángela Rodríguez pide desculpas, pero di que o vídeo está "descontextualizado"
A secretaria de Estado de Igualdade fala da polémica xurdida a raíz das súas declaracións sobre a rebaixa de condenas a violadores: "Creo que hai unha manipulación que é evidente"
Ángela Rodríguez lamenta que por isto non asistise a secretaria de Igualdade da Xunta ao curso de formación para a policía na Estrada
Ángela Rodríguez, secretaria de Estado de Igualdade, estivo esta mañá na entrevista do Bos días para falar da Lei de garantías da liberdade sexual, a coñecida como "lei do só si é si" e da nova polémica. Desta volta, polas palabras e o ton empregado pola número dous do Ministerio de Igualdade nun foro de debate, para gravar un podcast organizado polo seu partido, por Podemos.
Sobre o ton e as palabras axiña saíron voces en contra, críticas, pola suposta chanza e as risas da secretaria de Estado sobre o excarceramento de delincuentes sexuais en aplicación desta nova lei.
Sobre esta polémica, Ángela Rodríguez, explicou que se"descontextualizou unha reflexión que se estaba facendo nun podcast e onde se estaba falando de moitas cousas".
"En primeiro lugar, estábase falando de que para a recuperación das vítimas de violencia sexual é preciso, ademais de que os agresores estean no cárcere, que poidan ter recuperación integral. Tamén se falaba de como moitos axentes da extrema dereita inventaron boatos sobre a lei de liberdade sexual, e terxivérsase e manipúlase ese corte para poder insinuar que estamos rindo ou facendo mofa da situación que poidan estar sufrindo moitísimas mulleres".
Ángela Rodríguez reiterou que quería incidir, e engadiu que o faría "todas as veces que fose necesario", en que ten "un compromiso inquebrantable contra a violencia machista, que tamén este é o compromiso do Ministerio de Igualdade e do Goberno de España, e que levamos anos de traballo intensísimo para desenvolver todas as medidas que sexan necesarias para protexer as mulleres".
Ángela Rodríguez: "Creo que hai unha manipulación que é evidente"
"Como vou pensar que se pode frivolizar?", dixo a secretaria de Estado de Igualdade. Achaca a polémica á manipulación do momento.
"Creo que hai unha manipulación que é evidente, pero esta manipulación non pode ser causa nin motivo para que non sigamos expresando o noso compromiso coa loita contra a violencia machista. Confío en que este ruído que se está facendo estes días sirva tamén para ter espazos nos que recordar que existan recursos para protexer as mulleres".
"Evidentemente a loita contra a violencia machista non é causa de ningunha risa".
Di a secretariade Igualdade do Goberno que ese vídeo está manipulado pola "forma na que se está contando porque non é unha conversa sobre as vítimas, non é unha conversa sobre a seriedade coa que hai que loitar contra a violencia machista senón que é unha conversa sobe os argumentos que utiliza a extrema dereita para criticar, por certo, políticas que eles mesmo votan en contra", insiste ángela Rodríguez
Rodríguez pide perdón "polo ton, se molestou a alguén"
Salientou Ángela Rodríguez que se separar debate sobre vítimas e conversación acerca dos argumentos da extrema dereita foi "desacertado", que daquela pide "perdón".
Despois criticou que o PP se escandalizase tanto polo vídeo: "Quero lembrar que o PP, e isto é importante, que o PP que está escandalizado por esta situación é o que permite que se vaia prohibir practicamente que as mulleres poidan exercer o seu dereito ao aborto en Castela e León, que pacta con Vox que está facendo campañas na Xunta de Galicia que din "que non debería pasar, pero pasa", que isto si que unha frivolización que sofren moitísimas vítimas e violencia sexual; isto é o verdadeiramente preocupante, que voten en contra das leis que permiten protexer ás mulleres".
Insiste en que era una conversa sobre os argumentos que "utiliza a extrema dereita para ridiculizar o traballo que facemos as feministas pode ter un ton diferente. Pode non gustar este ton e eu, por suposto, pido todas as desculpas que sexan precisas á xente que non lle poida gustar, pero creo que é moi diferente do que estamos a falar. O meu compromiso e o do Goberno de España é moi comprobable todos estes anos. Non se pode poñer en dúbida que noso compromiso sexa coas vítimas, coas mulleres, coa protección e coa loita contra a violencia machista".
Salientou Ángela Rodríguez que se separar debate sobre vítimas e conversación acerca dos argumentos da extrema dereita foi "desacertado", que daquela pide "perdón".
López Abella rexeita acudir ao acto desta mañá con Ángela Rodríguez e pide o seu cesamento
A secretaria de Estado de Igualdade participaba esta mañá na Academia Galega de Seguridade da Estrada nunha xornada de diversidade afectivo-sexual á que declinou asistir a secretaria de Igualdade Susana López Abella, despois de que se fixese público o polémico vídeo. Nun chío de Twitter explicaba a súa posición e pedía o cesamento de Ánxela Rodríguez.
Na entrevista de Ángela Rodríguez esta mañá na TVG lamentaba a ausencia de Abella.
"Unha mágoa, porque este é un acto que non é do Ministerio e Igualdade e un acto con cartos tamén financiado con cartos da Xunta, pola Axencia Galega e Seguridade Pública, precisamente era para a formación de axentes policiais. Hai centos de policías nesta academia recibindo formación deseñada pola universidade de Santiago de Compostela, é un traballo imprescindible para reforzar os labores das forzas e grupos de seguridade do Estado".
"Creo que a tarefa do Goberno e da Xunta é que apoiemos en todos os ámbitos a formación dos axentes e reforzar a tarefa que teñen. Así que creo que o lugar para estar era hoxe aquí apoiando os axentes que van desenvolver unhas tarefas fundamentais no noso país".
Críticas das ministras socialistas
Respecto ás críticas pronunciadas por algunhas ministras socialistas, contestou que estaría de acordo coas mesmas se o que abordase nese contexto concreto fose a problemática das vítimas, algo que, reiterou, non é así.