Publicador de contidos
Publicador de contidos

Feijóo di que o erro de Mazón foi pensar que non era necesario estar no comité de crise

Feijóo di que o erro de Mazón foi pensar que non era necesario estar no comité de crise

Feijóo destaca que Mazón dixo que "non optará á reelección se non ten éxito na recuperación"

"Sánchez debe dimitir no Congreso Federal, hai indicios de condutas delituosas", di Feijóo

O presidente do PP fixo estas declaracións nunha entrevista ao diario dixital El Confidencial

G24.gal 24/11/2024 12:20 Última actualización 24/11/2024 12:54

Alberto Núñez Feijóo, cre que o erro ue cometeu Carlos Mazón, presidente da Comunidade Valenciana, na xestión da DINA foi pensar que non era necesaria a súa presenza no comité de crise. O presidente do Partido Popular fixo estas declaracións nunha entrevista publicada no diario xornal El Confidencial

Na entrevista, Feijóo destaca que Mazón dixo que "non optará á reelección se non ten éxito na recuperación", aínda que lembra que a competencia de decidir sobre a súa posible substitución como candidato á Generalitat é da dirección nacional: "O partido ten a competencia de propoñer os candidatos á presidencia das comunidades autónomas".

"Compareceu a petición propia nas Cortes, remodelou o seu Goberno, pediu desculpas polos erros cometidos... É evidente que ese foi un erro, o pensar ou o crer que non era necesaria a súa presenza", asegura o líder do PP.

Sánchez "é o presidente máis débil e chantaxeable da democracia", asegura Feijóo

Tras as acusacións do comisionista Víctor de Aldama contra o Goberno e contra o PSOE, Feijóo  dá por morta esta lexislatura e considera que o presidente Pedro Sánchez debe dimitir no próximo Congreso Federal: "Hai indicios de condutas delituosas" pola presunta malversación e tráfico de influencias para impulsar as actividades profesionais da súa esposa desde A Moncloa.

"É o presidente máis débil e chantaxeable da democracia", afirma o líder do PP".

O presidente do PP lamenta que Sánchez non dese ningunha explicación sobre as acusacións do comisionista do caso Koldo.

"Acusacións tan graves non poden permanecer no silencio dun presidente de Goberno".

Feijóo vaticina o inicio dun "calvario xudicial" para Sánchez, o seu goberno e o seu partido.

"Non estamos no final, estamos no principio".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade