Publicador de contidos
Publicador de contidos

Detido un home con case 17 quilos de cocaína no aeroporto de Barcelona

Detido un home con case 17 quilos de cocaína no aeroporto de Barcelona

 O detido facturara 16,96 quilos repartidos en 15 paquetes tipo ladrillo nun dos compartimentos da maleta

G24.gal 24/11/2024 11:42

A Garda Civil deten no aeroporto de Barcelona un home que transportaba 16,96 quilos de cocaína no interior da súa  maleta facturada. O detido levaba a droga reparatida en 15 paquetes, segundo informa a Garda Civil nun comunicado este domingo.

Os axentes da Unidade de Análise e Investigación Fiscal e Fronteiras (UDAIFF) da Garda Civil do aeroporto observaron cos sistemas de avaliación de riscos situados nos controis habituais de seguridade unha maleta cun compartimento repleto de ladrillos.

Durante a inspección da equipaxe, os axentes comprobaron que os quince paquetes estaban ocultos nun compartimento do interior da maleta facturada polo pasaxeiro.

O home, que está acusado dun presunto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas, foi posto a disposición  do Xulgado de Instrución número 1 do Prat de Llobregat, Barcelona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade