Ante a carestía dos hidrocarburos, cada vez recorremos máis á leña ou aos pellets
Ante a carestía dos hidrocarburos, cada vez recorremos máis á leña ou aos pellets
O carballo seco véndese a unha media de 80 euros o metro cúbico
Nesta nave de Lugo almacénase leña de carballo tanto para as estufas como para as cociñas de ferro. A seca véndese a unha media de 80 euros o metro cúbico, vinte euros máis ca a semiseca.
Juan Carlos Fernández Táboas, vendedor de leña: "A leña empezou a imcrementar o prezo canda o gasóleo, que é o produto que se usa para cortala e transportala. Comezou a subir forte hai dous anos e a tendencia é que vaia a máis".
Así e todo, polo momento, o prezo apenas variou con respecto ao inverno pasado. Isto débese a que as temperaturas máis suaves non repercutiron nunha maior demanda.
No caso das estufas de pellets, os sacos de 15 quilos deste material combustible de orixe vexetal mesmo baixaron.
Isabel Fernández, vendedora de estufas e de pellets: "Os prezos baixaron un pouquiño do ano pasado a este. De momento non hai demanda, e o importe na tenda é de 5,50 euros. E en palets saen un pouco máis baratos".
Tocante á biomasa, pódese adquirir a uns 120 euros a tonelada.