Increméntase a venda de leña como alternativa para quentar as casas
Increméntase a venda de leña como alternativa para quentar as casas
O incremento do prezo dos combustibles, da electricidade ou do gas leva os usuarios a buscar outra fontes de calor
Estímase que venda de estufas de leña e de 'pellets' medrou un 40 por cento
A continua suba de prezos da electricidade, os combustibles ou o gas fai que cada día sexan máis os que optan por fontes de enerxía alternativas como a biomasa.
As empresas que se dedican a cortar e vender leña, como a de Elías Santalices, en Celanova, constatan un incremento dun 20 por cento na demanda con respecto a outros anos. Mercan máis e con máis previsión, afirma.
Trátase dun recurso que atopamos nos nosos montes e que podemos mercar por uns 70 euros o metro cúbico. Un camión de leña xa cortada está entre os 200 e os 250 euros.
As empresas encargadas da instalación de chemineas e estufas de biomasa, como Graniarte, en Ourense, tamén notan este incremento da demanda. Case dobran os encargos con respecto ao ano pasado.
Estímase que a venda deste estufas, tanto de leña como de 'pellets', aumentou arredor dun 40 por cento en toda España.