Publicador de contidos
Publicador de contidos

A incerteza enerxética dispara a demanda de leña e sobe o seu prezo

A incerteza enerxética dispara a demanda de leña e sobe o seu prezo

As panaderías falan de dificultades para conseguir o tipo de leña que precisan, de maior poder calorífico, e subas de ata o 20 %

G24.gal 05/08/2022 14:17

Aínda está lonxe o inverno pero as empresas de venda de leña non dan feito a atender pedidos. O incremento do prezo do gas, da electricidade ou dos combustibles xunto coa incerteza do que poida acontecer fixo que demanda se disparara. Levan atendido encargos dende xuño cando o máis habitual é que comecen en setembro. Ademais, afirma Elías Santalices, xerente unha empresa de Celanova, os clientes piden máis cantidade. Ata catro veces máis que outros anos, sostén.

Sobe a demanda e tamén o prezo. No caso de Elías, tan só 4 euros por metro cúbico. O mínimo, di, para mitigar o incremento de custos pola suba do gasóleo ou gasolina que precisa para cortar e preparar a leña e distribuíla. Pero noutros casos a suba de prezo foi moito maior. Constátano na panadería Tito. Falan dun incremento de máis do 20 % e dificultades para conseguir o tipo de madeira que eles precisan. Así e todo din, por agora, segue a ser máis económica que outras fontes de enerxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade