Publicador de contidos
Publicador de contidos

O xuíz envía a prisión o detido polos supostos crimes de varios homes en Bilbao

O xuíz envía a prisión o detido polos supostos crimes de varios homes en Bilbao

O Goberno vasco confirma que investigan seis casos e que podería haber máis

G24.gal 07/05/2022 13:40 Última actualización 07/05/2022 15:43

Ingresa en prisión por orde do xuíz o sospeitoso de asasinar varios homes cos que contactara a través dunha aplicación de citas.

O detido é un mozo de 25 anos que se entregaba o xoves nunha comisaría en Irún tras ditar o Xulgado de Instrución unha orde de detención e ver que se difundía a súa foto. Ante a policía negou calquera relación cos asasinatos.

A Ertzaintza rexistrou a súa vivenda de Irún, e levou varios obxectos. Investiga ata seis posibles crimes relacionados entre si.  Habería un suposto homicidio consumado e dous en grao de tentativa, en relación co presunto asasinato de varios homes na cidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade