Cargando resultados...
Antía Jácome, ás portas dunha medalla
Antía Jácome, ás portas dunha medalla
Quedou cuarta no C1 200, a catro décimas da medalla
G24.gal
10/08/2024 13:53
A pontevedresa Antía Jácome clasificou á final do C1 200 tras quedar terceira na súa semifinal -pasaban as catro primeiras-, e na final quedou a tan só catro décimas de conseguir a medalla de bronce.
As dúas saídas, tanto nas semifinais como na final, non foron boas, pero supo repoñerse e remontar, na semifinal ata o terceiro posto e na final para chegar a loitar pola medalla. Fixo un tempo de 44,78 polo 44,36 da cubana Yarisleidis Cirilo, o podio o completaron a estadounidense Nevin Harrison 44,13 que acadou a prata e o ouro xunto co récord mundial para a canadense Katie Vincent cunha marca de 44,12.