Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antía Jácome métese nas semifinais do C2

Antía Jácome métese nas semifinais do C2

Xunto con María Corbera, quedou segunda da súa serie e líbrase dos cuartos

Loitará por entrar na final e poder disputar as medallas

Antía Jácome e María Corbera, ao final da proba. EFE Antía Jácome e María Corbera, ao final da proba. EFE
G24.gal 06/08/2024 12:03

Antía Jácome e María Corbera evitan os cuartos de final. A galega, xunto coa madrileña, quedou segunda da súa serie e asegurou a súa presenza directa nas semifinais. Bo esforzo o das españolas, que chegaron a ir en cabeza na proba.

A saída era moi parella e as canoas ían moi á par, pero as españolas colleron a dianteira. Padexadas moi amplas que as facían avanzar con velocidade e gañar terreo eran o seu sinal identitario. Pero as canadenses non dixeran a última palabra, e ao final conseguiron pórse na cabeza.

Atravesando a meta como segundas, o premio é o mesmo. Librarse dos cuartos de final e gardas forzas para unha semifinal que promete ser apaixonante. As españolas teñen fame e están dispostas a deixalo todo nas augas francesas para colgar unha medalla ao pescozo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade