Publicador de contidos
Publicador de contidos

Antía Jácome pecha un 2023 pletórico

Antía Jácome pecha un 2023 pletórico

Logrou a clasificación por partida dobre neste mundial, xunto con tres medallas de prata

G24.gal 07/09/2023 12:24 Última actualización 07/09/2023 12:34

Antía Jácome descansa por Pontevedra despois dun 2023 pletórico. Rematada a temporada, preguntámoslle que palabra definiría mellor este ano.

"Incrible. Unha sensación de satisfacción total. O traballo ten a recompensa. Traballei moito".

Logrou a clasificación por partida dobre neste mundial, xunto con tres medallas de prata, a que suma un ouro e subcampionato europeos. Uns resultados extraordinarios con que soñar en París tras o diploma olímpico na súa estrea en Tokyo.

Con só 23 anos, Antía xa é unha pioneira, a primeira muller española en competir nuns xogos en canoa e un referente para as que veñen detrás.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos