Publicador de contidos
Publicador de contidos

As finais de k2 quedan sen representación galega

As finais de k2 quedan sen representación galega

Carlos Arévalo e Rodrigo Germade quedaron fóra, ao ser quintos

Carolina García Otero tampouco acadou a loita polas medallas 

Carolina García e Sara Ouzande na súa carreira. EFE Carolina García e Sara Ouzande na súa carreira. EFE
G24.gal 09/08/2024 11:56

Mala sorte para os representantes galegos no k2, tanto no masculino como no feminino. Arévalo e Germade, despois de ir segundos gran parte da porta, quedan quintos e entran á final b. Tivo a mesma sorte Carolina García Otero, con Sara Ouzande, que rematou sexta a súa semifinal.

Germade e Arévalo tivérono de cara gran parte da proba. Chegaron a ir segundos a menos dun metro da primeira posición, pero cando restaban douscentos metros, baixaron o ritmo ata a quinta praza. Carolina García e Sara Ouzande tamén loitaron, pero pasoulles o mesmo e tiveron que conformarse coa sexta posición.

Quedan así apeados todos os galegos dunhas finais nas que si que hai españois. Na feminina non, pero na masculina, Cooper e Del Río, que correron a mesma manga que Arévalo e Germade, entraron de segundos e certificaron o pase á loita polas medallas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos