Antía Jácome pasa á final do C2 sen complicacións
Antía Jácome pasa á final do C2 sen complicacións
A galega, man a man con María Corbera, quedou de segunda da súa manga, só por detrás da China
A final será este venres ao mediodía, e o tándem español buscará subirse ao caixón
Outra opción de medalla para o piragüismo español. Antía Jácome e María Corbera pasaron sen problemas á final do C2 500 metros despois de quedar segundas da súa serie. Só a piragua chinesa foi quen de ir máis rápido ca as españolas.
A carreira comezaba moi parella con varios tándems buscando adiantarse e coller distancia. Non foi ata o ecuador, pasados os 250 metros, cando as chinas elevaron o ritmo. Responderon Jácome e Corbera, que ao final case se deixan coller polas súas perseguidoras.
Co traballo feito, este mesmo día será a final, e as españolas están moi motivadas para acadar unha medalla. A pontevedresa Antía Jácome busca o seu primeiro asalto o caixón, con opción a un segundo este sábado.