Pablo Crespo queda sen final
Pablo Crespo queda sen final
O galego foi último da súa semifinal e quedou apeado da loita polas medallas
Fixo un grande esforzo e loitou ata que non puido seguir o ritmo dos da cabeza
Remata o soño de Pablo Crespo en augas francesas. O pontevedrés estaba na semifinal despois de pasar polos cuartos e tiña na súa man meterse na loita polas medallas aos seus 22 anos de idade. Pero non foi posible. Crespo loitou con todo pero rematou na última posición.
Non foi unha decepción nin moito menos. O C1 1000 metros é un proba moi esixente, e Pablo Crespo estivo loitando por entrar na final en gran parte da carreira. Pero cando os favoritos atacaron, o mozo quedou na parte traseira da carreira.
Terá a oportunidade de loitar por quedar no máis alto da final b e marchar de París con bo sabor de boca. Despois desta experiencia, Pablo Crespo xa conta os días para volver aos próximos Xogos. Coa súa xuventude, pode dar moito que falar nos próximos anos.