Publicador de contidos
Publicador de contidos

Anticipar a compra do roscón de Reis evita esperas nas pastelerías máis tradicionais

Anticipar a compra do roscón de Reis evita esperas nas pastelerías máis tradicionais

Moitos dos que compran o roscón antes de Reis deciden conxelar o doce ata o día 6

Compran a rosca de Reis unhas horas antes para evitar ata dúas horas de espera

G24.gal 04/01/2022 15:01

Non saen dous roscóns iguais do obrador da pastelería Glassé da Coruña, onde se traballa, coas mans, 24 horas ao día, en quendas, agora en tempo de Reis. O local leva case sesenta anos acumulando ringleiras de xente que chega a esperar horas polo doce.

Anticipar a compra do roscón evita tempo de espera, pero aínda quedan horas para o día de Reis, e que fai a xente coa rosca ata entón? Pois moitos conxelan o doce. A imaxe das ringleiras de espera e das torres de roscóns saíndo desta tenda son xa imaxes tradicionais e históricas da cidade.

A esta hora xa os Reis ultiman detalles e nesta pastelería coruñesa pois tamén están a tope. Dentro de cada roscón vai unha figuriña, aquí meten precisamente un rei mago. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos