Antonio Chaves, director xeral do Celta desde o 2008, deixa o club
Antonio Chaves, director xeral do Celta desde o 2008, deixa o club
Era a man dereita e home de confianza do presidente e propietario Carlos Mouriño
Ninguén agardaba a noticia, que saltou como unha bomba no Celta. O director xeral desde o ano 2008 Antonio Chaves Escalante (O Grove, 1978) deixa o club. Chaves é considerado como un dos grandes artífices nos inicios da presidencia de Carlos Mouriño.
Foi contratado como avogado para resolver a complicada situación económica en que se atopaba a entidade celeste, algo que realizou con evidente éxito. "Resucitamos un morto", foron as súas palabras para referirse ao que realizou no Celta hai quince anos.
Del dise que era o cerebro na sombra do Real Club Celta. Comezou levando o proceso concursal e despois controlou toda a parte económica da entidade. Deixa o club, unha das persoas máis influentes no Celta dos últimos anos e man dereita do propietario Carlos Mouriño.