Publicador de contidos
Publicador de contidos

Ánxeles Vázquez comparecerá este venres no Parlamento sobre a crise dos 'pellets'

Ánxeles Vázquez comparecerá este venres no Parlamento sobre a crise dos 'pellets'

A proposta do PPdeG contou co apoio do BNG e PSdeG na Deputación Permanente

Os populares rexeitaron a proposta dos nacionalistas para que comparecese o presidente da Xunta

G24.gal 11/01/2024 12:19 Última actualización 12/01/2024 12:08

A vicepresidenta segunda da Xunta e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ánxeles Vázquez, comparecerá mañá, venres, no Parlamento galego sobre a crise dos 'pellets' que están chegado ás costas do noroeste, principalmente ás galegas.

Así o decidiu o PPdeG coa súa maioría absoluta na Deputación Permanente do Parlamento galego, unha petición que tamén apoiaron BNG e PSdeG.

Este órgano da cámara autonómica rexeitou unha petición similar do BNG -apoiada polo PSdeG- para que comparecese o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre este tema; e outra proposta máis destes dous grupos para que o xefe do Executivo autonómico explicase a situación sanitaria na comunidade.

Os responsables do PPdeG, o BNG e o PSdeG intercambiáronse reproches e acusacións e repartíronse culpas e responsabilidades da xestión da chegada ás costas destes compostos plásticos que caeron do buque Toconao o pasado 8 de decembro fronte ás costas de Viana do Castelo, no norte de Portugal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade