Publicador de contidos
Publicador de contidos

Apagan un incendio de grandes dimensións que durou máis de seis horas en Narón

Apagan un incendio de grandes dimensións que durou máis de seis horas en Narón

O lume obrigou a cortar o tráfico na estrada que une a rotonda da Trincheira co acceso á autoestrada polo Couto

Imaxes do incendio no Polígono das Gándaras en Narón desde un turismo
G24.gal 05/08/2023 15:30 Última actualización 05/08/2023 15:45

Un incendio na maleza da avenida do Mar, e que se mantivo activo durante máis de seis horas na madrugada do sábado, obrigou a cortar o tráfico no polígono da Gándara en Narón. Pechou o acceso á autoestrada polo Couto durante a noite.

Os bombeiros de Narón lograron extinguir as lapas contra as sete e media da mañá. Por fortuna o incendio non deixou feridos.

O lume produciuse durante a madrugada na Avenida do Mar e esixiu un intenso labor por parte dos equipos de extinción. Foron varios os particulares que chamaron ao 112 Galicia poucos minutos antes da 01:00 para dar conta dos feitos e solicitar a intervención.

Os xestores do 112 pasáronlle aviso aos bombeiros de Narón, ao distrito forestal da zona e tamén á empresa subministradora de electricidade. Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia traballaron ata a completa extinción das chamas, que sucedeu preto das 7:30 horas desta mañá.

As lapas calcinaron unha importante cantidade de restos de podadura que estaban acumuladas nas proximidades do Polígono.

Precisouse tamén un guindastre para remover a madeira e poder así arrefriar as brasas do fondo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade