Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece con pintadas o Mosteiro de Celanova

Aparece con pintadas o Mosteiro de Celanova

O mosteiro de San Rosendo de Celanova é Monumento Nacional desde 1931

O Concello xa estuda a instalación de cámaras de seguridade como medida disuasoria 

G24.gal 21/01/2022 11:27

O mosteiro de San Rosendo de Celanova, Monumento Nacional desde 1931 e principal referente da vila, aparece con numerosas pintadas.

Os veciños e os responsables municipais están indignados e consideran lamentable a falta de respecto do autor ou autores das pintadas. Piden máis vixilancia policial para que sucesos coma este non se volvan repetir.

Advirten de que non é un acto vandálico sen máis, segundo a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia as sancións contemplan multas de entre os 6.000 aos 150.000 e ao millón de euros no caso de que a infracción sexa moi grave.

O Concello xa estuda a instalación de cámaras de seguridade como medida disuasoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade