Publicador de contidos
Publicador de contidos

Procesión do Encontro e danzas gremiais na honra da Virxe do Cristal

Procesión do Encontro e danzas gremiais na honra da Virxe do Cristal

A imaxe, réplica da orixinal desaparecida dende o asasinato do párroco en 2015, percorreu Vilanova dos Infantes

No centro do burgo medieval encontrouse con san Roque e san Sebastián

G24.gal 15/09/2024 14:46 Última actualización 15/09/2024 17:16

Día grande da Virxe do Cristal en Vilanova dos Infantes, parroquia do concello de Celanova. A lenda conta que a imaxe foi atopada por unha pastoriña a mediados do século XVII onde hoxe se erixe o santuario.

A peculiaridade da talla de tan só uns céntimos, no interior dunha peza de cristal macizo, espertou o interese de moitos. Hoxe en día, a que se atopa no santuario é unha réplica. A orixinaria desapareceu cando mataron o párroco Adolfo Enríquez hai nove anos. Un crime que segue sen resolver.

O que se mantén intacta é a devoción por esta Virxe que cada 15 de setembro, dende que pediran a súa intercesión para frear unha epidemia que afectaba a zona, segue a saír en procesión.

Na súa honra, os danzantes representan diferentes bailes gremiais ligados aos zapateiros tan importantes en Vilanova dos Infantes dende a época medieval.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade