Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aparece unha serpe de metro e medio de lonxitude nunha cociña de Vigo

Aparece unha serpe de metro e medio de lonxitude nunha cociña de Vigo

Axentes da Policía Local capturaron o réptil e devolvérono ao seu hábitat natural

Policía Local de Vigo Policía Local de Vigo
G24.gal 07/10/2024 13:47

Unha serpe de escaleira de preto de metro e medio de lonxitude apareceu na madrugada deste luns na cociña dunha vivenda de Vigo.

Tal como informa a Policía Local, os feitos ocorreron nun domicilio da rúa Antonio Nieto Figueroa e foron os propietarios do inmoble os que alertaron os axentes ao localizar unha serpe na súa cociña. O animal, ao verse sorprendido, escondeuse tras os electrodomésticos.

Cando chegaron os funcionarios moveron os mobles ata dar coa serpe, que estaba detrás do forno. Así, procederon a capturar ao réptil e a devolvelo ao seu hábitat natural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade