Cargando resultados...
Aparecen as carabelas portuguesas nas praias da Coruña
Aparecen as carabelas portuguesas nas praias da Coruña
Recolléronse varios exemplares destas medusas nos areais do Orzán e do Matadoiro
G24.gal
27/08/2023 14:48
As carabelas portuguesas chegan ás praias da Coruña. Se este venres se atopaba algunha na praia de Santo Amaro, esta fin de semana víronse unha ducia delas na do Matadoiro e tamén no Orzán.
En todo este mes de agosto a súa presenza está sendo frecuente, sobre todo na Mariña de Lugo, na Costa da Morte e en Ferrol. Así que era cuestión de tempo que chegasen aos areais da Coruña.
Xa saben, se ven unha eviten tocala porque os seus tentáculos son moi urticantes.