Aparecen dous cadáveres na parroquia viguesa de Teis, ambos sen sinais de violencia
Aparecen dous cadáveres na parroquia viguesa de Teis, ambos sen sinais de violencia
Un foi localizado na praia de Ríos de Fóra e outro, no camiño da Chumba
A primeira hora da mañá un particular avisou aos servizos de emerxencia ao atopar na praia de Ríos de Fóra en Vigo o cadáver dun home cara abaixo na area. Ata esos terreos achegáronse dotacións dos bombeiros de Teis e da Policía Nacional que só puideron certificar a morte dun home de 54 anos e supostamente veciño desta parroquia viguesa.
O corpo, vestido, e sen sinais de violencia, foi localizado fóra da auga, cara abaixo, nun areal de fácil acceso. Trátase dun home de cincuenta e catro anos veciño deste barrio de Teis.
"Polo visto é un veciño de Teis, era casado, separado, tiña un fillo e non se sabe se se botou ou caeu ao mar, eu penso que sabía nadar. E non se sabe mais nada, vivía coa nai e eu souben pola mañá que aparecera aquí na praia da ETEA", explica un veciño.
O falecido estaba vestido e non presentaba sinais de violencia, polo que os investigadores están á espera dos resultados da autopsia que se está a facer no hospital Nicolás Peña para esclarecer as causas da morte.
"Non sei como acabou aquí, ou se tirou aquí ou adiante que sopraba norte e veu parar aquí", comentaba outro veciño.
É o segundo cadáver que aparece en 24 horas nesta parroquia viguesa de Teis.
Aparece outro cadáver en Teis
Nas últimas horas aparecía outro cadáver en Vigo, tamén no barrio de Teis. Os servizos de emerxencia tiveron que rescatar o corpo dun home, duns 50 anos, no camiño da Chumba. A Policía Nacional agarda os resultados da autopsia que se lle vai practicar para esclarecer as causas da morte, se ben o corpo non presentaba sinais de violencia.