Aparecen pedras asinadas con pintura morada na praia coruñesa de Oza
Aparecen pedras asinadas con pintura morada na praia coruñesa de Oza
Os bañistas non cren que sexa para facelas da súa propiedade, senón que foi unha broma
Si se queixan polo estado en que están a duchas e os piñeiros da zona
Suso, Bea ou Ilda son algúns dos nomes que apareceron pintados cun spray nunhas pedras da praia de Oza. "Paréceme moi mal. Isto hai que respectalo".
Pero hai quen di saber quen está detrás desas sinaturas. "Foi un usuario que vén sempre aquí, el e os seus amigos. Puxéronlles o nome de todos ás pedras. É xente da miña idade... Ben, algo máis novos, que eu teño 77 anos".
Malia que non cre que fose para facelas da súa propiedade. "Non, porque eu póñome aí e non hai ningún problema". "Eu creo que foi de broma".
Porén, os usuarios do areal coruñés si se queixan do estado en que se atopan as duchas. Aseguran que caen bañistas todos os días. "Eu caín porque esvarei co xabón que usan algúns...". "Caen polo xabón e creo que tamén pola falta de mantemento".
Luciano, entre outros, protesta tamén polos piñeiros da zona. "Aí arriba hai catro ou cinco que calquera día van caer... E a ver que pasa".
Así, esixen que se tomen cartas no asunto antes de que aconteza unha desgraza.