Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aragonès e Turull, lonxe de achegaren posturas para resolver a crise do Govern

Aragonès e Turull, lonxe de achegaren posturas para resolver a crise do Govern

O presidente da Generalitat e o secretario xeral de Junts per Cat conversaron este domingo

Este luns JxCat convocará unha consulta ás bases para decidir se seguen no Goberno con ERC

G24.gal 02/10/2022 20:39 Última actualización 02/10/2022 21:38

En Cataluña, o presidente da Generalitat e o secretario xeral de Junts per Cat non achegan posturas polo momento. Pere Aragonès e Jordi Turull conversaron a primeira hora deste domingo.

Os dous dirixentes seguen a manter contactos discretos para intentar alcanzar un acordo de mínimos que permita resolver a crise do Govern.

Este luns JxCat convocará unha consulta ás súas bases os días 6 e 7 de outubro para decidir se seguen ou non no Goberno con ERC.

Aragonès rexeita as condicións dos seus socios, que inclúen cuestións como a restitución de Jordi Puigneró como vicepresidente do Govern despois de ser cesado o mércores pasado; ou a reactivación dun Estado Maior do procés baixo a coordinación do Consello pola República, controlado por Carles Puigdemont.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade