Aragonés agarda colaboración máxima para o transporte de auga a Cataluña
Aragonés agarda colaboración máxima para o transporte de auga a Cataluña
O presidente valenciano pide garantías por escrito de que non sairán prexudicados
Teresa Ribera reúnese o luns con membros da Generalitat de Cataluña
A vicepresidenta Teresa Ribera reúnese este luns en Barcelona con representantes da Generalitat para buscar solucións á emerxencia que vive Cataluña pola peor seca da súa historia.
O presidente catalán espera a máxima colaboración do Goberno central. O seu homólogo da Generalitat valenciana, Carlos Mazón, non se opón ao transporte de auga dende Sagunto pero esixe garantías por escrito de que non lles vai prexudicar.
Considera que ten autoridade moral para esixilo tras as medidas tomadas para reutilizar auga e os investimentos no ciclo hídrico.
"Espero que nos garantan o que nos dixeron, que sacar auga da desalgadora de Sagunto non vai prexudicar a costa valenciana, que nolo digan por escrito, e tamén por escrito que as necesidades que temos aquí non van minguar e se é así, por suposto, estou a favor da solidariedade entre concas e entre comunidades".
O seu homólogo de Cataluña está á espera dunha proposta concreta do Ministerio de Transición Ecolóxica, que é quen xestiona as concas que pasan por diversas comunidades autónomas e é titular de moitas desalinizadoras.
"Vai ser obxecto de debate, obxecto de acordo o próximo luns e veremos se ven de excedentes de ríos ou de desalizanizadoras (...) Esperamos a máxima colaboración, non temos indicio ningún para pensar que non vai ser así e polo tanto afrontaremos conxuntamente e con responsabilidade todas as administracións este momento de dificultade".
Mentres, o alcalde de Barcelona pídelle ao Goberno central e á Generalitat que expliquen como van garantir que cando a cidadanía abra as billas nas súas casas saia auga apta potable.