Pere Aragonès ficha sete conselleiros procedentes de CDC, PSC, Podem e ERC
Pere Aragonès ficha sete conselleiros procedentes de CDC, PSC, Podem e ERC
Está previsto que tomen posesión dos seus cargos o vindeiro martes
Pere Aragonès, deseñou un novo Govern, de ERC con perfís do seu partido e tamén de procedencia socialista, dos Comuns e da antiga Convergència.
O presidente catalán incorpora sete consellers: o exdirixente socialista Joaquim Nadal, como titular da carteira de Universidades e Investigación; Meritxell Serret como conselleira de Acción Exterior; o exdiputado de CDC Carles Campuzano estará á fronte de Dereitos Sociais e a exdirixente de Podem Gemma Ubasart, á fronte de Xustiza.
No departamento de Saúde estará Manel Balsells e a carteira de Territorio será para o deputado de ERC Juli Fernández. A responsabilidade da Consellería de Economía recaerá en Natàlia Mas, quen se incorporou á Generalitat da man de Oriol Junqueras cando este asumiu a vicepresidencia do Govern e o Departamento de Economía.
Entre os seus retos e os do novo executivo: a aprobación dos presupostos da Generalitat para 2023. A súa elaboración estaba ata o de agora en mans de Junts. Aínda así ERC deixaba a porta aberta a prorrogalos.
O novos consellers cubrirán, por tanto, as vacantes que deixaron os seus predecesores de JxCat tras decidir o vernes pasado deixar o Goberno autonómico. Está previsto que tomen posesión o vindeiro martes ás nove da mañana.