Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aragonès reclama no Senado un referendo de autodeterminación para Cataluña

Aragonès reclama no Senado un referendo de autodeterminación para Cataluña

G24.gal 08/04/2024 15:01

En plena precampaña electoral, Pere Aragonès acudiu ao Senado para defender non só a amnistía, senón tamén as próximas demandas do independentismo. "A amnistía é inevitable como serán o finanzamento singular e o referendo, que é legal e posible", dixo o actual presidente da Generalitat de Cataluña.

Diego Calvo, en nome da Xunta de Galicia, acusou o Goberno central de desatender o resto de territorios e mirar só polos intereses dos seus socios. "Si que necesitamos, como dicía o señor Aragonès, un novo sistema de financiamento, pero pactado con todas as comunidades autónomas (...) pero o Goberno non está nin se lle espera para o resto de España", apuntou o vicepresidente primeiro da Xunta en funcións.

Criticou, ademais, as cesións de Sánchez ao independentismo. Segundo Calvo, "se finalmente se lle condona a débeda a Cataluña, isto suporá para cada galego máis de 400 euros".

Ata seis presidentes autonómicos do PP tomaron a palabra en contra da amnistía. Para a líder madrileña Isabel Díaz Ayuso, "estamos ante un golpe contra a unidade nacional, a democracia e o estado de dereito, programado e por etapas, e que será imparable se non reaccionamos a tempo".

Os presidentes do PP coinciden en que a amnistía é o primeiro pago de Pedro Sánchez a unha "chantaxe" que seguirá.

Ningún presidente autonómico do PSOE acudiu á sesión. Tampouco estivo presente ningún membro do Goberno. So escoitamos a voz dun senador socialista, Javier Remírez Apesteguía, que cualificou o debate como "unha mostra máis da instrumentalización do Senado ao servizo dos seus intereses partidistas".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade