Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aragonès replícalle a Puigdemont: "A unidade non se predica, practícase"

Aragonès replícalle a Puigdemont: "A unidade non se predica, practícase"

O líder de Junts refuga o debate electoral con Aragonès e proponlle "traballar cóbado con cóbado"

G24.gal 21/04/2024 20:13 Última actualización 21/04/2024 20:28

O candidato de Esquerra e presidente en funcións da Generalitat, Pere Aragonès, decidiu contestar ás constantes apelacións de Puigdemont a un goberno de unidade dos independentistas, agora que se ve favorito nese segmento electoral.

"A unidade non se predica, senón que se practica e o que vimos, lamentablemente, nestes últimos tres anos é que Junts está moi lonxe diso".

Aragonès séntese molesto co triunfalismo de Puigdemont e mándalle outro recado.

"Aquí o importante non é se un partido queda diante do outro cun deputado máis ou menos. O importante é que imos facer e os dous temos moi claro o que imos facer: impulsar un referendo acordado sobre o futuro de Cataluña, chegar a un acordo para un financiamento singular que acabe co déficit fiscal".

Nunha entrevista no xornal Ara, Puigdemont sostén que se gaña e hai maioría independentista, o primeiro que fará será chamar a Aragonès para artellar un goberno estable. E deixa unha mensaxe sobre o debate electoral.

"Habemos facer non un cara a cara, senón traballar cóbado con cóbado, que é o que queren os independentistas".

Conclúe Puigdemont que probablemente se desfaga o empate entre Junts e Esquerra o 12 de maio, un empate que ao seu entender foi paralizante para o independentismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade