Publicador de contidos
Publicador de contidos

Araújo e Ginzo presentan as súas credenciais para estar en París

Araújo e Ginzo presentan as súas credenciais para estar en París

Bo partido das dúas xogadoras galegas no último dos amigables disputado en Vigo diante de China (70-46)

G24.gal 23/06/2024 13:37

Remataron os dous amigables que disputou a selección feminina de baloncesto en Vigo como preparación para os Xogos Olímpicos de París. No segundo, vitoria clara diante de China (70-46) o equipo diante do que se van estrear na cita olímpica. 

Paula Ginzo fixo nos dous partidos 8 puntos e cunha boa achega de rebotes (5 e 3). María Araújo mellorou a súa actuación contra China (6 puntos, 2 rebotes) demostrando que tamén pode pasar o corte definitivo para ser unha das doce elixidas. 

O de menos era o resultado pero España gañou con moita claridade grazas a un parcial de 13-0 ao final do terceiro cuarto que acabou de rachar o encontro. Tamén China se atopa en terras españolas preparando os Xogos, onde van ser un dos equipos favoritos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade