Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prado perde uns puntos de moito valor na segunda cita de Indonesia

Prado perde uns puntos de moito valor na segunda cita de Indonesia

O piloto galego foi cuarto na primeira carreira e quinto na segunda

Herlings gañou o Gran Premio con Gajser na segunda posición e os dous metéronlle puntos a Prado

G24.gal 07/07/2024 07:36 Última actualización 07/07/2024 10:44

Non se lle deu ben a segunda carreira en Indonesia a Jorge Prado, que estivo lonxe do podio e viu como minguaban as súas posibilidades de gañar o segundo campionato do mundo consecutivo. Herlings e Gajser acabaron por diante de Prado que está na obriga de recuperar no regreso do Mundial a Europa. 

A primeira carreira rematou coa vitoria de Herlings que comezou por detrás de Gajser e fixo o adiantamento definitivo a dez minutos para o remate da proba. O esloveno, líder do Mundial, foi ao chan, pero mantivo o segundo posto e meteulle outros cinco puntos a Prado, que perdeu o duelo con Vlaanderen na pelexa pola terceira posición. 

Na segunda carreira Jorge Prado tampouco puido estar cos mellores. En contra do que adoita ser normal, tivo unha mala saída que o levou ao noveno posto. Recuperou catro posicións nunha pelexa continúa co suízo Seewer e acabou no quinto posto. Por diante marchou Herlings que dominou por diante dun Gajser moi regular. Vlaanderen e Guillod tamén remataron por diante do piloto galego. 

Na pelexa polo Mundial Tim Gajser recuperou os doce puntos que perdera a semana pasada e volve poñer a Prado a 34 puntos. Jeffrey Herlings continúa coa súa escalada e colócase con 557 puntos, a só 17 do piloto lucense.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar