Raquel Carrera visita por sorpresa a selección na concentración de Vigo
Raquel Carrera visita por sorpresa a selección na concentración de Vigo
A galega, mancada de gravidade na Copa, ía ser unha das indiscutibles na lista para os Xogos Olímpicos
A xogadora ourensá Raquel Carrera, mancada de gravidade na última Copa do Rei, quixo darlles unha sorpresa ás súas compañeiras da selección española e visitou a concentración do combinado que prepara Miguel Méndez en Vigo.
Carrera, xogadora de Valencia Básket, ía ser unha das indiscutibles para a cita olímpica ata que chegou a fatídica lesión que a terá apartada aínda cinco meses das pistas. Malia non poder estar en París, pola súa xuventude e calidade seguro que vai ter posibilidades de estar en máis Xogos Olímpicos.
Aproveitou para saudar as súas compañeiras de equipo, as galegas Paula Ginzo e María Araújo e para visitar o que foi o pavillón no que deu o salto ao baloncesto profesional porque nas Travesas foi onde agromou como xogadora de elite.