Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Países Baixos remontan contra Turquía (2-1) e cítanse con Inglaterra

Os Países Baixos remontan contra Turquía (2-1) e cítanse con Inglaterra

Akaydin adiantou aos otománs na primeira parte

Os neerlandeses remontaron en só cinco minutos cos goles de De Vrij e Müldür (P.P.)

Foto: EFE
G24.gal 06/07/2024 22:54

O partido comezou cos neerlandeses algo máis valentes, pero sen crear ocasións moi claras. Tampouco renunciaba ao gol Turquía, que se achegaba con algunha acción como o remate desviado de Ozcan.

Pasada a media hora, Turquía botouse arriba e acadaba o seu gol por medio de Akaydin. O centro foi de Arda Güler. Estiráronse os Países Baixos, con máis intención que acerto no treito final da primeira metade.

Na continuación, a selección de Koeman colleu definitivamente a iniciativa, mentres Turquía intentaba evitar as ocasións e cazar a sentenza, como nun lanzamento de falta que Güler estrelou no pau. Pero, finalmente os orange atoparon o premio. Foi nunha cabezada de De Vrij que se convertía no empate a uns. Quedaban pouco máis de vinte minutos, pero os Países Baixos aproveitaron o efecto psicolóxico do gol, e culminaban a remonta só 5 minutos despois, cunha acción de Gakpo na área pequena que finalmente introducía Müldür na súa propia portería.

Turquía non dixera a última palabra, e gozou dunha dobre ocasión que os neerlandeses botaron a córner como puideron. Foi clave o despexe de Van de Ven baixo os paus, logo do remate de Celik. Aínda tiveron outro par de remates para enviar tamén esta eliminatoria á prórroga, pero os neerlandeses aguantaron, e citáronse con Inglaterra nas semifinais da Eurocopa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos