Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arde un edificio abandonado en Narón, onde confirman que non hai vítimas

Arde un edificio abandonado en Narón, onde confirman que non hai vítimas

Os bombeiros aseguráronse de que non había ninguén no interior, logo de que os veciños da zona aseguraran que unha muller frecuentaba o edificio, aínda que había días que non a vían

Imaxe: Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón Imaxe: Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón
G24.gal 04/03/2024 10:59 Última actualización 04/03/2024 15:18

Os bombeiros de Narón extinguiron nas últimas horas un incendio que afectou un edificio abandonado na estrada de Castela, en Xubia, e tras os labores de limpeza e desentullo confirmaron que non se produciron vítimas.

O inmoble adoita estar frecuentado por unha muller, aínda que os veciños afirmaron que hai días que non a vían por alí. Con todo, os servizos de emerxencia quixeron confirmar que efectivamente non había ninguén no interior.

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o lume iniciouse pasada a medianoite e as lapas comezaron nun rocho, entre a planta menos un e a planta cero do edificio. Os traballos de extinción complicáronse debido a grande cantidade de lixo que había no interior.

Os servizos de Emerxencia mobilizaron os bombeiros de Narón, de Ferrol, Policía Local e Nacional. Os labores de extinción víronse complicadas pola gran cantidade de lixo e aveños acumulados no edificio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade