Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arden cinco colectores de lixo en dúas horas en Vilagarcía

Arden cinco colectores de lixo en dúas horas en Vilagarcía

Un individo prendeu lume nos depósitos de residuos en tres zonas do municipio

Xa arderon máis de dez colectores no último mes no concello

G24.gal 01/07/2024 13:49

Ocorreu a media tarde. A plena luz do día, un individuo prendeu lume no primeiro colector de lixo queimado este domingo en Vilagarcía. Logo, en só dúas horas, ardían catro máis.

"O de onte foi unha consecución moi breve no tempo, unha serie de incendios en colectores en rúas que están bastante preto o que pode indicar que teñan certo grao de intencionalidade estes incendios nos colectores", conta Francisco Javier Gillán Busto, xefe do servizo municipal de emerxencias de Vilagarcía.

E esta non é a primeira vez que ocorre algo semellante no concello nos últimos días.

"Xa levamos unha tempada en que se suceden episodios deste tipo, normalmente en rúas que están preto unhas das outras. Ao mellor no último mes, levamos 10 ou 12 incendios en colectores de lixo".

En principio, tras escoitar as declaracións de varias testemuñas, pensan que unha soa persoa causou os últimos incendios nos colectores de lixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade