Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arquivado o caso das "falsas coidadoras" de Podemos ao non achárense indicios de delito

Arquivado o caso das "falsas coidadoras" de Podemos ao non achárense indicios de delito

G24.gal 29/07/2022 20:41

O xuíz arquivou o caso que investigaba se traballadores de Podemos coidaran dos fillos da ministra de Igualdade, Irene Montero, e de Pablo Iglesias.

Non ve indicios de que ningún traballador do partido coidase dos nenos. Na cúpula de Podemos xa reaccionaron a este arquivo da causa. Din que a investigación estaba baseada en rumores e que só buscaba danar a Podemos, a Montero e o feminismo.

"Unha persecución política e xudicial"

A ministra de Igualdade, Irene Montero, denunciou a "persecución" á súa asesora, Teresa Arévalo, á exempregada de Podemos Gara Santana e ao partido polo "falso caso coidadora", que o xuíz arquivou ante a falta de indicios de que ambas coidasen dos nenos da dirixente e do exvicepresidente Pablo Iglesias.

"Como se repara o dano causado por esta mentira e esta persecución ás miñas compañeiras Tere Arévalo e Gara Santana, ás nosas familias e amizades, a Podemos? Seguimos, xuntas e firmes para cambiar o noso país", aseverou este venres Montero en Twitter, tras coñecer a noticia do arquivo do caso.

Un caso que, segundo a súa asesora Teresa Arévalo, que estivo máis dun ano imputada, era "unha persecución política e xudicial desde o primeiro minuto" e ía, na súa opinión, contra Irene Montero "para desprestixiar os avances do feminismo".

"Arquívase despois de aguantar dous anos en que me esnaquizaron a vida. Quen repara o dano?", preguntou no mesmo ton Arévalo, que reivindicou a súa "vida" de militancia e a súa responsabilidade como dirixente de Podemos. "Teño a mellor das sortes de traballar de xeito conxunto coa miña compañeira e amiga, Irene Montero", engadiu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade