Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche bipraza eléctrico que pode engalar verticalmente, unha das novidades do Mobile World Congress

Un coche bipraza eléctrico que pode engalar verticalmente, unha das novidades do Mobile World Congress

A intelixencia artificial será a gran protagonista desta edición coa súa incorporación ao sistema operativo dos móbiles

Tamén se presentarán as últimas novidades en conectividade ou no motor coa proposta dun vehículo capaz de voar

G24.gal 26/02/2024 14:32

Grazas á intelixencia artificial, con un anel podemos saber cal é o noso estado de saúde. É unha das novidades que desde hoxe se poden ver no Mobile World Congress de Barcelona.

"A través da intelixencia artificial podes tomar as túas constantes e ter unha puntuación sobre o teu estado de benestar", explican desde Samsung.

A intelixencia artificial é a gran protagonista desta edición, xa aparece nos móbiles de última xeración: terminais de máis de seis polgadas, con tripla e incluso cuádrupla cámara, que xa contan co novo sistema operativo de Android que vai revolucionar a forma en que o usuario se relaciona co seu móbil.

"Que o público experimente, sinta, toque, vexa todo o relacionado coa intelixencia artificial no móbil", contan desde un dos expositores.

Tamén se presentan as últimas novidades en conectividade 5G e 6G ou nas lentes de realidade mixta. 

A proposta máis futurista chegará da man dunha empresa americana, un coche bipraza totalmente eléctrico que pode engalar verticalmente. 

Non voa, pero si é o primeiro vehículo eléctrico con autonomía para 800 quilómetros. E a aposta no motor de Xiaomi. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar