Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arranca o San Froilán, cun ollo posto no ceo agardando que deixe gozar das festas

Arranca o San Froilán, cun ollo posto no ceo agardando que deixe gozar das festas

O programa conta con preto de 200 actividades

As casetas do polbo son un dos grandes reclamos das festas

G24.gal 04/10/2024 14:18

Unha feira de olería inaugura o programa de eventos do San Froilán, porque nestas festas manda o tradicional. 

O feito á man ten sempre gran protagonismo e danse cita artesás de moi diversos sectores.

Os veciños e visitantes xa están preparados para o día do patrón e para o tradicional Domingo das Mozas.

Os hoteis da cidade contan xa cunha destacada ocupación. E como en toda festa que se prece hai un gran manxar.

"O San Froilán tamén ten un sabor propio e inconfundible, o do polbo. É tradición degustalo nas casetas. Son un dos grandes reclamos das festas e pasan por aquí miles de lucenses e visitantes".

"O mesmo prezo ca hai tres anos, 14 euros, racións abundantes e ben feitas".

Concertos como o de Sés, Coque Malla ou Triángulo de Amor Bizarro poñerán a nota musical a uns festexos que arrancan coa música de Fillas de Casandra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar