Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arrestan todos os sospeitosos do ataque e violación dunha española na India

Arrestan todos os sospeitosos do ataque e violación dunha española na India

A policía di que hai oito detidos polo ataque e violación da muller e a agresión á súa parella

G24.gal 05/03/2024 11:42 Última actualización 05/03/2024 12:05

A policía india afirmou este martes que foron detidos todos os sospeitosos implicados no ataque e violación dunha muller española e a agresión á súa parella o pasado venres no nordés da India.

"Arrestamos todos os implicados no caso", dixo a EFE Pitamber Singh Kherwar, superintendente de Policía de Dumka, unha rexión remota do estado de Jharkhand, onde ocorreu o incidente.

Catro sospeitosos máis foron arrestados onte á noite, o que eleva a un total de oito as persoas que se presume que están implicadas no crime, agregou Kherwal. 

A parella de experimentados viaxeiros, que leva varios anos viaxando para percorrer o mundo en motocicleta, instalara unha tenda de campaña nun escampado dunha aldea de Dumka para pasar a noite do venres pasado, cando preto da medianoite un grupo de homes os atacou. 

O caso recibiu grande atención mediática, en parte por tratarse de estranxeiros, polo que a policía constituíu dous equipos de investigación especial para solicitar todas as probas posibles.

Ata o momento o caso atópase nun tribunal subalterno que, segundo o proceso xudicial, poderá levar o caso para termino unha vez concluída a investigación policial dentro dos próximos 30 días.

Neste sentido, a parella española acudiu esta mañá para declarar por última vez ante a policía, antes de subirse ás súas motocicletas e emprender unha viaxe de aproximadamente dous días cara a Nepal, o seu último destino antes de volver a España.

A lei establece duras penas para a violación, que na súa maioría non admiten fianza. Unha violación, segundo o código penal indio, debe castigarse con non menos de 10 anos de cárcere, e unha violación en grupo con ata cadea perpetua. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade