Arrinca a montaxe da árbore xigante de Vigo: medirá 35 metros e medio
Arrinca a montaxe da árbore xigante de Vigo: medirá 35 metros e medio
Súmase a outros reclamos como a nora, a bóla, a montaña rusa portátil ou o contador de Urzáiz, que marca o comezo do acendido das luces
Máis recente é a tradición das luces de Nadal de Vigo. Hoxe comezaron a instalar a árbore xigante que en dez días será o epicentro do acendido das luces.
Este ano volve á localización orixinal, na Porta do Sol, e será máis alta: chegará aos 35 metros e medio.
Será de novo un dos maiores reclamos do Nadal vigués xunto coa nora e a bóla, que xa está instalada.
Terá máis altura aínda que o ano pasado e, segundo o alcalde, Abel Caballero, pretende ser unha fonte de inspiración a través das luces.
Ademais como novidade Vigo contará coa montaña rusa portátil máis grande de España, con 42 metros de longo.
O contador dixital de Urzáiz marca a conta atrás e os operarios avanzan na instalación de todos estes elementos para o día 19, cando se producirá o acendido das luces do Nadal, nun Vigo desexoso de abraiar o planeta cos seus 11 millóns de luces led.