Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arte contra o despoboamento dende San Xoán de Río

Arte contra o despoboamento dende San Xoán de Río

Unhas esculturas elaboradas con materias primas da zona vanse expoñer en lugares como París, Seúl ou Nova York

G24.gal 24/02/2023 21:13 Última actualización 24/02/2023 22:07

Arte contra o despoboamento, é a idea coa que traballan nunha pequena aldea do concello de San Xoán de Río.

Unhas esculturas elaboradas con materias primas da zona que próximamente se van expoñer en lugares como París, Seúl ou Nova York.

Co proxecto queren dar a coñecer a súa aldea e as posibilidades do rural.

Din que o que tentan é darlle luz a lugares ata hai pouco invisibles para a maioría. Dende esta aldea de Castiñeiro naceu a primeira das propostas, a aplicación Aldealista para dar a coñecer as aldeas galegas por todo o mundo.

Agora a través dos ollos do artista Joaquín Balsa, ademais da tecnoloxía apostan pola cultura para loitar contra o abandono e o despoboamento do rural.

"As aldeas non poden desaparecer, e cando Joaquín Balsa visitou aquí a aldea fixouse en que moitas veces non nos damos conta do que son os recursos naturais da zona. E dixo, a ver, con madeira de castiñeiro, con cuarcita da zona e que tendes unha mina que era a máis antiga e máis grande de Galiza, o que é a mina dos Biocos de ouro, unha mina romana, dixo pois hai que facer algo que lle demos visibilidade cunha escultura que permita ser unha icona que loite contra o despoboamento, non? Explica Juan Carlos Pérez, CEO de Aldealista.

E deste xeito da mente e as mans do artista Joaquín Balsa saíron estas pezas.

As mesmas que proximamente se van expoñer en cidades como París, Seúl, Nova York, Singapur ou Hong Kong por exemplo.

O seu código QR remítenos a aplicación Aldealista e ao lugar do que proceden, a orixe de todo.

"A arte da terra, a fermosura, o obxecto encontrado, o sistema do sitio, é todo o que representa esta terra, no?", apunta o artista plástico Joaquín Balsa.

Trátase din de apoiarse na inspiración dos artistas e nos recursos naturais de cada zona para darlle unha nova vida as aldeas.

"Pero o proxecto quere ir algo máis aló, pensan en por en marcha unha escola obradoiro, un lugar de traballo para artistas que queiran achegarse ata aquí, a aldea de Castiñeiro. Non só para traballar, senón tamén como lugar de residencia".

Saben que o camiño non é sinxelo pero coidan que paga a pena intentalo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade