Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arteixo celebra a Feira Histórica dedicada á vida nos pazos

Arteixo celebra a Feira Histórica dedicada á vida nos pazos

Foron tres días de celebración con mercado 1900, xogos populares, obradoiros, actuacións de música e baile tradicional

Moitos veciños e visitantes participan na feira vestidos de época

 

G24.gal 20/10/2024 15:06

"A xente sente como moi propia a feira, moitos deles actúan, hai grupos culturais, teatrais. A xente gózao moitísimo, desfruta moito vestíndose e víveo a tope", di Berta Ramos, da organización do evento.

Arteixo retrocede no tempo e regresa aos primeiros anos do século XX coa Feira Histórica. 
Esta edición, e xa van 23, está dedicada á vida nos pazos. 

"Aquí en Arteixo están recoñecidos preto de 14 pazos, algúns aínda están moi ben e están habitados. Aquí houbo moita vida nos pazos", destaca María Dubras, concelleira de Cultura.

A feira histórica inclúe o mercado 1900, con 55 postos artesanais e gastronómicos. Hai xogos populares, obradoiros, actuacións de música e baile tradicional.

E para vivir de verdade esta feira, moitos participan vestidos de época.

"Para nós é unha tradición que hai que seguir facendo", "vimos para seguir as tradicións de Arteixo e intentando vir guapos. A rapaza quere vir sempre de rica, pero eu veño de labrego", din algúns dos participantes.

E toda esta celebración para poñer tamén en valor o patrimonio histórico e cultural galego.

"Eu desde que comecei a vir desfruto, é como se abrise unha porta a 1900 o sábado e péchoa o domingo. Eu o vivo intensamente", destaca outra participante.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade