Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arxentina prolonga a xeira triunfal malia a lesión de Messi

Arxentina prolonga a xeira triunfal malia a lesión de Messi

Lautaro Martínez marcou no 112 o gol que lle deu a Copa América ao equipo de Scaloni

Os arxentinos encadean dúas Copas América e un Mundial

G24.gal 15/07/2024 07:41

Un novo gol salvador de Lautaro Martínez no minuto 112 deulle a Arxentina a vitoria ante Colombia, o seu 16.º título da Copa América e a prolongación dun ciclo gañador que inclúe un triplete histórico (Copa América-Mundial-Copa América).

Foi un triunfo de mérito porque a selección de Scaloni refíxose a un mal comezo de partido e á lesión da súa estrela Leo Messi no minuto 65. Pero os arxentinos sempre acaban atopando solucións. 

O partido comezou con escándalo. Catro horas antes, unha marea de afeccionados sen entrada provocou o peche de todos os accesos ao estadio e o aprazamento do partido case que noventa minutos. E rematou co golpe de efectividade de Lautaro, que encabezou a clasificación de goleadores do torneo con cinco goles. 

1. Arxentina: Emiliano Martínez; Montiel (Nahuel Molina, m 72), Cristian Romero, Lisandro Martínez, Tagliafico; Enzo Fernández (Lo Celso, m 97), de Paul, MacAllister (Leandro Paredes, m 97); Di María (Otamendi, m 1169, Lionel Messi (Nicolás González, m 65) e Julián Álvarez (Lautaro Martínez, m 97).

0. Colombia: Vargas; Arias, Davinson Sánchez, Cuesta, Mojica; Jefferson Lerma (Uribe, m 106), Richard Ríos (Castaño, m 89) Arias (Carrascal, m 106); James Rodríguez (Quintero, m 91); Luis Díaz (Miguel Borja, m 106) y Jhon Córdoba (Santos Borré, m 89).

Gol: 1-0, m 112: Lautaro Martínez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos