Publicador de contidos

Publicador de contidos

As axudas da Xunta para o acceso á vivenda ascenden a 3,8 millóns de euros

As axudas da Xunta para o acceso á vivenda ascenden a 3,8 millóns de euros

O programa de axudas estará aberto ata o 15 de outubro ou ata esgotar o crédito

As modalidades están dirixidas a menores de 36 anos que merquen en concellos de menos de 10.000 habitantes, á adquisición en conxuntos históricos e á compra de vivenda protexida

G24.gal 16/02/2025 20:34 Última actualización 16/02/2025 20:56

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destacou este domingo as medidas postas en marcha pola Xunta para facilitar o acceso á vivenda.

Nun encontro en Mondariz con xente nova adxudicataria de axudas, María Martínez Allegue lembrou que o programa de axudas á compra de vivenda conta cun orzamento de 3,8 millóns de euros.

Estará aberto ata o 15 de outubro ou ata esgotar o crédito, nas modalidades dirixidas a menores de 36 anos que merquen en concellos de menos de 10 mil habitantes, á adquisición en conxuntos históricos e á compra de vivenda protexida.

A Xunta destaca que leva destinado desde 2019 preto de 10 millóns de euros a achegas á mocidade para a adquisición en localidades de menos de 10.000 habitantes que beneficiaron preto de 1.300 persoas.

"Este ano incrementamos a contía. Temos 3,8 millóns de euros para a compra de vivenda non só en concellos de menos de 10.000 habitantes e para menores de 36 anos, senón tamén para que poidan adquirirse vivendas nos nosos núcleos históricos, e tamén vivenda protexida con independencia da súa localización, que pode chegar ata os 20.000 euros. Temos unha forte aposta pola mocidade para facilitar a súa emancipación", dixo María M. Allegue, conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade