Publicador de contidos
Publicador de contidos

As axudas dos gobernos contra a crise enerxética centraranse nos máis vulnerables

As axudas dos gobernos contra a crise enerxética centraranse nos máis vulnerables

España confirma que manterá a gratuidade do transporte público

G24.gal 06/12/2022 20:51 Última actualización 06/12/2022 21:13

O Eurogrupo acorda reducir para o 2023 o volume das axudas económica dos gobernos, como pedía a Comisión Europea.

España e o resto dos países da moeda única centrarán as novas medidas fronte á crise enerxética nos máis vulnerables.

En Bruxelas, a propia Nadia Calviño recoñece que por agora o Goberno só estende a gratuidade do transporte público.

A vicepresidenta de Economía e Transición Dixital confirmou que agora están a decidir que medidas ampliar e con cales rematar o 31 de decembro.

Nadia Calviño tamén adiantou que a gratuidade do transporte público si ten un carácter estrutural, e apuntou á súa permanencia máis aló desta crise.
Igual que España, o resto de países do Eurogrupo aceptan as recomendacións de Bruxelas. Porque este ano gastaron preto de 200.000 millóns en axudas ante a crise enerxética. E un volume semellante no 2023 provocaría máis inflación.
O acordo do Eurogrupo é concretar as medidas excepcionais nas familias e empresas máis vulnerables, porque se confía nunha menor presión dos prezos dende primavera. E na recuperación da economía logo da pequena recesión deste cambio de ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade