Descartan a prórroga da excepción ibérica máis alá do 31 de decembro
Descartan a prórroga da excepción ibérica máis alá do 31 de decembro
Xa non se activa dende febreiro debido ao abaratamento do gas
Diego chegou a pagar pola factura da luz do seu bar máis de 300 euros ao mes o ano pasado. Neste intre rolda os douscentos.
"Agora estamos máis aliviados. A ver se seguen baixando máis".
Unha baixada que tamén notaron outros clientes con tarifa regulada.
"Pago menos, un 20 ou 30 por cento menos. Antes eran facturas de 50 ou 60 e agora de 30 e pico".
A guerra de Ucraína fixo que o prezo do gas se disparara e con el o da electricidade. Para frear esta escalada, España e Portugal solicitaron o que se coñece como excepción ibérica, un mecanismo para topar o prezo do gas que se emprega na xeración de electricidade.
Entrou en vigor en xuño do ano pasado e prorrogouse ata o 31 deste mes cando rematará.
Teresa Ribera. Ministra de Transición Ecolóxica: "Require un procedemento de aprobación por parte da Comisión Europea que xa dixo que máis alá do 31 de decembro non era posible levalo á practica".
Un anuncio que preocupa os consumidores aínda que os expertos insisten en que non debería influír.
Adrián Vázquez. Asesor enerxético "porque dende febreiro, aínda que se prorrogou, xa non se aplica debido á caída do prezo do gas, que está ao redor dos 30 euros o megawatts".
Cando entrou en vigor a excepción ibérica superaba os 200 euros.