Publicador de contidos
Publicador de contidos

As bágoas de Iker Losada na súa presentación como xogador do Betis

As bágoas de Iker Losada na súa presentación como xogador do Betis

"Vou demostrar que a aposta por min merece a pena", sinala o mediapunta Iker Losada, que foi presentado este mediodía como novo xogador do Real Betis, club co que o mediapunta de Catoira asina ata 2029

G24.gal 08/07/2024 13:40 Última actualización 08/07/2024 13:45

Moi emocionado ao principio, despois dun vídeo no que lembraba a súa bisavoa, o xa exxogador do Rácing de Ferrol comezaba cos agradecementos 

"Agradecer ao Betis por apostar por min, tanto ao corpo técnico como á dirección deportiva, por axudarnos desde o primeiro momento de antes de tomar unha decisión, de darme a oportunidade de pensalo, de apoiarme, de entenderme tamén. Simplemente, darlle as grazas tamén á miña familia, aos meus amigos, a Fran (Vieites) que estivo desde o primeiro momento falándome marabillas deste club, desta familia. Non foi fácil para min".

Na rolda de preguntas, Iker Losada valorou tamén que "agora xa con feitos podo demostralo desde que cheguei o venres. Estou moi contento por pertencer ao Betis, a esta familia, transmíteche valores desde que chegas a este club. Foi a miña bisavoa a que dixo que xogaría en Primeira (de novo emocionado). Xa dixen cando debutei co Celta, que lle marquei gol ao Madrid, que o primeiro recordo foi para ela", comentou.

Losada xogará xunto a Isco de quen espera aprender, pero non só do malagueño, senón tamén do adestrador e do resto de compañeiros.

Recoñeceu tamén que deixar Galicia "foi unha decisión difícil"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade