Publicador de contidos
Publicador de contidos

A explosión do depósito da rozadoira provócalle queimaduras nun brazo e no costado

A explosión do depósito da rozadoira provócalle queimaduras nun brazo e no costado

Foi evacuado en helicóptero ao hospital da Coruña para tratar as feridas

O ferido estaba rozando unha leira nunha parroquia de Catoira 

Os bombeiros do GES de Padrón apagaron o lume que prendeu na vexetación

 

 

G24.gal 17/07/2024 14:20 Última actualización 17/07/2024 15:07

Unha concentración de equipos de emerxencia alertou os veciños de Santa Baia do Oeste, en Catoira a media tarde deste martes.  No dispositivo mobilizouse o helicóptero do Sergas para axilizar a evacuación dun home que resultou ferido ao estoupar a rozadoira coa que estaba limpando as malas herbas dunha leira. 

O combustible provocou o incendio da roupa, provocándolle queimaduras nun brazo e no costado. As lapas prenderon tamén na vexetación. Primeiro atalláronas os propios veciños cunha mangueira de rega e logo polos bombeiros do GES de Padrón. 

Os que andan a estas alturas coas faenas de limpeza das leiras nesa zona din que o mato está especialmente intenso e que iso pode supoñer un sobreesforzo excesivo para as rozadoiras pequenas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade